O sabor das montanas
Cordeiro ecolóxico de raza
Ovella Galega
Os nosos cordeiros de Raza Ovella Galega son criados nun entorno natural, alimentándose das ricos pastos que ofrece a nosa terra. Esta alimentación non só asegura unha vida saudable para os animais, senón que tamén enriquece o sabor da súa carne, facéndoa tenra, xugosa e cun perfil de sabor inigualable. O crecemento destes cordeiros é máis lento que nas razas de produción industrial, pero isto é o que fai que se consiga unha carne cunha textura e sabor que triunfa en calquer padal.
Estas ovellas teñen unhas cualidades incríbeis que as fan perfectas para vivir ao aire libre. Son fortes e rústicas, aproveitan moi ben os nosos recursos naturais da zona porque están adpatadas a este clima e a este tipo de terreno.
Ademáis está certificada como produción de raza 100% autóctona.
Quen son
Ola, son Xoán, e para min, ser gandeiro é unha auténtica vocación, que comecei a sentir dende cativo xunto ao meu avó, que me ensinou o amor á terra e á vida no rural.
A pesar de ser un traballo arduo e demandante, amo o que fago. Este oficio permiteme manter viva unha tradición que se remonta a 1.000 anos atrás.
Para min, isto é moito máis ca un oficio; é un compromiso coa soberanía alimentaria, co mantemento das nosas raíces e coa preservación dun rural que está a desaparecer.
A través do meu traballo, busco non só manter viva a tradición, senón tamén contribuír a unha comunidade e a unha forma de vida que é esencial para o mundo.
Granxa A Ciruxana
Compromiso cunha alimentación de calidade, un rural vivo e respeto polo medioambiente.
Animais en liberdade
Recuperación de terras abandonadas
Menor risco de incendio
Como traballamos
Dedicámonos con paixón á revitalización da nosa terra, recuperando prados abandonados e devolvéndolles a vida. Este renacer da terra non só beneficia ao medio ambiente senón que tamén fortalece a conexión co noso patrimonio cultural.
O noso compromiso coa biodiversidade reflíctese en cada paso que damos. Ao integrar prácticas de manexo tradicionais con tecnoloxías modernas, como o uso de cercas eléctricas e sistemas de pastoreo mellorados, conseguimos un equilibrio perfecto que respecta o noso pasado mentres miramos cara ao futuro.
O pastoreo rexenerativo é a pedra angular da nosa estratexia para facer que as terras sexan máis fértiles e produtivas. Esta práctica non só combate o cambio climático, senón que tamén asegura que as nosas terras continúen cumprindo a súa función ancestral de producir alimentos de alta calidade.
¡Recibe carne de cordeiro de Raza Ovella Galega na tua casa!
Produción limitada
Asegurando a máxima calidade e sostibilidade en cada cordeiro que chega a túa mesa.
Envasado ao baleiro
O sistema de envasado ao baleiro fai que a carne conserve todo o seu sabor e textura, e permíteche conxelalo por pezas cómodamente na túa casa para consumilo se desexas máis adiante.
Transporte frigorífico
A carne viaxa en camións frigoríficos para mantela á temperatura adecuada. Tarda menos de 24 horas en chegar á túa casa desde que sae de aquí.
Onde estamos
A granxa A Ciruxana está situada no pobo de Ardexarxe, que é onde ten a meirande parte de terreos pero tamén traballamos terreos no pobo de Fornelos de Filloás.
Atopámonos no Macizo Central Galego, zona ZEC e RedeNatura 2000, na cara sur leste da Serra de Queixa e Montes do Invernadeiro.
Esténdese polas ladeiras e vales que rodean O Picoto de Outeiro entre os Concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo, con altitudes que oscilan entre os 800 e 1200 m. Esta zona, considerada polo Parlamento Europeo como a zona cero da despoboación, está tamén afectada polos incendios forestais. A nosa actividade gandeira é un factor que axuda enormemente a controlar a vexetación e evitar esta catástrofe, contribuindo así á prevención de incendios.